¿E se? Non non, iso non. ¿E se? Non non,iso tampouco. ¿Qué facer? ¿Agochar o cadáver? ¿Ónde? ¿Deixalo aí mesmo deitado no seu sangue aínda quente? ¿Qué facer, meu Deus? ¿Qué decisión imaxinar cun corpo os meus pes, e unha culpa na miña alma? ¿Confesar? ¿Agochar? ¿Finxir accidente? ¿Afrontar asasinato?.
Uns pasos atrás. Uns pasos escapando dos pequenos ollos que dende pupilas fixas xa para sempre, buscan o meu mirar esquivo de criminal sorprendido pola súa propia perversidade. Horrorizado pola loucura acometida, sento na sela mais próxima os meus glúteos, aínda apertados como resposta o inesperado do meu acto. Sen aire nos pulmóns nin pensares na mente paralizada, descoñézome na imaxe que proxecta de min o que acabo de facer.
Pero…a culpa non é miña. Non, non é. Eu so fun a man. A man que conclúe un traballo que comeza no fogar do cerebro. Na continua insistencia dunha orde disfrazada de rogo. O crime nace do cansazo que provoca obrigar a cabeza a pelexar contra a incesante repetición dun mandato vestido co traxe dos mimos e os bicos, pero cun interior de malévolas intencións. ¡Mátao! ¡Mátao!. Unha e outra vez. Unha e outra vez. Por iso, a culpa, non é miña. A culpa, é dela. Agora mesmo, apousentado xa na banqueta da aceptación do feito, sigo levando na cabeza as súas palabras doces que me invitaban a cometer a barbaridade que presento no chao da cociña. ¡Mátao! ¡Mátao ou farase o dono de todo!. ¡Mátao! Sempre ca mesma teima. Sempre ca mesma premonición. A culpa, é dela. Só dela. Eu infrinxín os golpes asasinos. ¿Con qué foi, por certo? ¿Ca tixola das filloas?¿ Esa que pesa coma un bloque de ferro? Non me estraña que teña a cabeza desfeita. ¡Pero que digo meu Deus! Un morto nas miñas baldosas e eu case me poño a pesar a arma asasina. ¡Mira! ¡Mira os teus pes e volve a realidade! ¡Louco! Louco debín de estar durante un intre para levar a cabo tan grande inxustiza. Pero a culpa, é dela.
E del. Si, tamén del. ¿Acaso non se daba conta? ¿Non vía nas nosas miradas que non era benvido? Cantas veces tiven que votalo polas malas. Non quero xustificala a ela nin xustificarme eu mesmo pero…a verdade e que era ben plomo. ¿Cómo non se deu conta da carraxe que lle tíñamos? Nada. Non importaba o que lle dixéramos ou a fereza ca que o votásemos fora. Nada. El sempre volvía. Mesmo parecía unha burla. O mellor tíñao merecido. ¡ Meu Deus, xa estou delirando outra ves! Nada xustifica o que fixen. Matei unha vida. Quiteille a outro ser o dereito de existir. ¡Miña Santiña! ¿Qué vai pasar agora? ¿ Qué fago? .
Uns pasos. É ela. Xa chegou. ¿Qué dirá cando vexa o corpo inerte? ¿Cómo reaccionará? ¿Arrepentirase de terme presionado tanto e deixarame so para enfrontar o que veña? A visión do sangue muda as ideas e as teimas. E ai tanto sangue. A verdade e que foi unha masacre. A cabeza case desapareceu.
Xa está cerca. Sinto os seus pasos camiñándome pola pel. Óloa antes de vela. Aquí chega a verdadeira culpable. Ben cantando. Xa calará.
- ¿Xoaaaaaaaan? Ah!, estas aquí. Anda, por fin mataches ese maldito rato. Menos mal. Que ben lle estivo, decote paseando pola cociña cama se fose o señor da casa. Non pensei que foses quen, tan dramático que es.
1 comentario:
Me encanta como escribes...
Publicar un comentario